Tuesday 14 de May de 2024

Sánchez Bugallo comunícalle á veciñanza de Figueiras que as obras da senda peonil comezarán en maio


Salón de actos do local social, renovado recentemente cun investimento de 48.000 euros.

A actuación, que cobre unha necesidade e unha antiga demanda da veciñanza de mellora da seguridade, afecta a 2,56 quilómetros, e adxudicouse por 896.914 euros.
Repasáronse tamén outras actuacións executadas ou pendentes de finalización, como o acondicionamento e conservacion do centro sociocultural de Figueiras, a continuación das actuacións de mellora do equipamento deportivo e social, a cuberta da pista de pádel, e o mantemento e conservación de pistas.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de varios membros do seu equipo de gobierno e tamén da candidatura, reuniuse coas veciñas e veciños de Figueiras. O rexedor comunicóulle que a finais de maio comezarán as obras da senda peonil que conectará a parroquia con Compostela, concretamente co Carme de Abaixo.

Hai un mes, a deputación da Coruña adxudicaba as obras desta senda, que transcorre entre o PQ 0 e o PQ 2+560 da estrada provincial DP-7803, de 2,56 quilómetros, por por un total de 896.914 euros. Unha actuación que cobre unha necesidade e unha antiga demanda da veciñanza de mellora da seguridade. O novo trazado peonil ampliará o ancho da beirarrúa actual que sae do Carme de Abaixo, de 0,5 a 2,8 metros, e conectará nalgúns tramos, cos camiños que levan e proceden do monte Pedroso, onde se contabiliza un elevado número de transeúntes.

A senda terá 1,8 metros de ancho. O pavimento seleccionado para esta superficie será unha mistura bituminosa quente. No tramo no que de atopan os núcleos de vivendas, que vai desde o PQ 1+020 ata o PQ 0+220, óptase por executar beirarrúas con bordos.

As obras inclúen o retranqueo dos postes que soportan tendidos aéreos de telefonía, electricidade e alumeado público, a reposición de dúas acometidas de gas, e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical. Tamén contemplan, co obxecto de incrementar a seguridade, novas marcas viais con resaltos, delimitadores de carril de caucho con elementos reflectantes, captafaros cada 20 metros e barreiras de seguridade nas zonas de curvas. A maiores, tamén está prevista a reposición das cunetas e a mellora do sistema de drenaxe, con colectores de formigón, pozos de rexistro e sumidoiros.

Tamén se repasaron outras actuacións executadas ou pendentes de finalización. Como o acondicionamento e conservacion do centro sociocultural de Figueiras, a piques de rematar e no que se investiron 48.000 euros. Ou a continuación das actuacións de mellora do equipamento deportivo e social en Figueiras, que contan cun orzamento de 355.699,97 euros, con cargo a remanentes e pendentes de aprobación en pleno; e a cuberta da pista de pádel, á que se destinan 88.149,54 euros. Tamén se falou do mantemento e conservación de pistas, en concreto dunha licitación, que segundo explicou o alcalde, “vai saír inmediatamente” para o acondicionamento de varios camiños en Santa María de Figueiras.

Durante o acto, a veciñanza presente cualificou como “medida positiva” para a parroquia, a renovación do alumeado público de Figueiras ao que se destinaron 47. 088,28 euros. Relacionado co alumeado, o alcalde explicoulle que o novo contrato de iluminación, adxudicado recentemente, preve substituir unhas 30.000 luminarias por luces led, o que permitirá un aforro nerxético superior o 50%. Tamén recordou que xa está en funcionamento o novo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, outro dos grandes contratos adxudicados durante este mandato; que segundo lle transmitiron os veciños e veciñas, está funcionando correctamente.

En canto o contrato de transporte, Sánchez Bugallo lembrou que, coa adxudicación do actual contrato, actualmente en licitación, está previsto renovar os 58 autobuses da flota de transporte urbano, “que non se renovaban desde 2011”, nin co goberno do Partido Popular, nin co de Compostela Aberta. Informou á veciñanza de que se vai seguir mantendo a liña entre Figueiras e Santiago, cun pequeno cambio no percorrido: en vez de baixar por Carme de Abaixo, subiría ata Casas Novas para baixar despois pola Costa de Santa Isabel.

Neste punto, o alcalde recordou que dos grandes contratos en precario a principio de mandato, o único que non puido saír a licitación foi o da auga, porque, estando o proxecto redactado a punto de presentarse, os grupos da oposición bloquearon, en pleno, a forma de xestión; o que impediu que se puidese licitar. Tal e como explicou en anteriores ocasións, un contrato que precisa un investimento de “preto de 100 millóns de euros” para garantir a seguridade das instalacións, garantir o saneamento e abastecemento do rural, e cambiar a obsoleta rede de tubeiras do núcleo urbano; non o pode asumir o Concello, porque non dispón desa cantidade. Precísase, indicou, “un socio privado que anticipe ese investimento”, polo que non é viable a remunicipalización e compre optar pola concesión administrativa, que non saiu adiante polpo bloqueo de PP, BNG e Compostela Aberta.

O alcalde tamén lle explicou o investimento realizado, estes catro anos, en políticas sociais, e como se deu resposta ás necesidades máis perentorias da sociedade, actuando en tres eixos fundamentais. O primeiro, apoio ás persoas en situación máis vulnerables co incremento dun 85% dos recursos destinados ao SAF, o Sevizo de Axuda no Fogar, (que pasou dun orzamento, en xuño de 2021, de 1.979.666 euros a 3.080.048 euros, e rematando coas listas de agarda) e a posta en marcha do SEMUS, o Servizo de de Urxencias Sociais. O segundo, apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados pola crise derivada da pandemia, como o comercio, a hostalería ou o sector cultural, cuns nove millóns de euros en axudas para impulsar a reactivación económica; que teñen a súa continuidade nos Bonos Corazón de Compostela, co obxecto de incentivar o consumo no comercio e hostalería local. E o terceiro, o mantemento, en condicións moi díficiles, durante a pandemia, dos servizos públicos, como o transporte, ou a reprogramación dos espectáculos culturais suspendidos durante a tempada de emerxencia sanitaria.

Sánchez Bugallo tamén recordou os avances nos acordos do Foro Cívico, aprobado por unanimidade en pleno o 29 de xullo de 2019. En industrialización, coa posta en marcha do Biopolo, a adquisición da maioría de accións de UNINOVA e a dotación da Sionlla de auga e saneamento. Sobre a estación intermodal, está en construcción, igual que o Orbital. E o Orbitaliño e a A-54 están desbloqueados. Polo que respecta á EDAR a obra está adxudicada en 67 millóns de euros; e a refoma da administración electrónica é unha realidade. Un goberno sinalou, que traballa por e para as persoas.